Curtis e Miño entre os concellos que gañan poboación en Galicia
O emprego industrial e as comunicacións, entre as razóns do crecemento poboacional
Situado nun punto estratéxico do interior da provincia da Coruña, Curtis rexistra o mellor dato de nacementos da última década.
"O pobo está cheo de nenos. Se vas poa tarde á praza vela chea de nenos, cando noutros sitios hai unha despoboación incrible. Aquí segue medrando", di o farmacéutico.
" De dous anos para aquí medrou moitísimo. De feito non hai nin unha casa nin un piso. Non hai nada baleiro", explica unha veciña.
Un concello rural cun potente motor económico. O polígono industrial de Teixeiro acolle empresas destacadas en Galicia e dá traballo a máis de 3.000 persoas.
"O polígono ao traer traballo para aquí buscan vivendas preto"
"Temos moita poboación entre 30 e 35 anos que está traballando aquí e xa fai toda a vida aquí. Teñen nenos aquí", explican os veciños
Canda Curtis, tamén o concello de Miño bate marcas de poboación ano tras ano.
"De máis de 5.000 habitantes pasamos a máis de 7.000 habitantes", asegura unha veciña.
As comunicacións viarias e a inmigración explican este crecemento.
"Nótase que vén moita xente tanto inmigrantes coma xente doutras partes de España. De Madrid, de Barcelona".
"Está a medio camiño entre A Coruña e Ferrol e a xente anímase a comprar vivenda", din os veciños.
As áreas metropolitanas da Coruña e de Vigo lideran o aumento de poboación de Galicia.