Malestar nos veciños pola supresión da parada entre San Cibrao das Viñas e Ourense
A veciñanza asegura a nova ubicación carece das medidas de seguridade necesarias
A supresión da parada de autobús entre o concello de Ourense e San Cibrao das Viñas xerou malestar entre os veciños desta localidade. Din que levaba anos dando servizo aos traballadores do polígono e que a nova ubicación carece das medidas de seguridade necesarias.
Despois de décadas cunha parada de autobús no límite entre Ourense e San Cibrao das Viñas, os veciños desta última localidade recibiron con estupor a súa eliminación por parte do concello de Ourense.
"Moi mal, porque leva aí trinta e pico anos. Os meus fillos xa viñeron nela cado íon ao colexio a Ourense e agora que a quiten non é normal", di unha veciña da zona.
"Porque afecta moito, porque é unha parada que leva máis de trinta anos aquí, que sempre convivimos con ela e que lleda servizo a veciños de San Cibrao pero tamén a veciños de Ourense. É unha parada segura, que está colocada aí estratexicamente, porque é o sitio que hai onde se pode colocar unha marquesiña. É un lugar onde se xuntan ao final unhas vinte ou trinta persoas para coller o autobús en horas punta. É unha zona intermedia, onde a xenta deixa o seu coche aquí e baiza a cidade no autobús", declara a alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Novoa
Esta parada da liña 3 uitilizábana principalmente os traballadores do polígono industrial. Agora o autobús para a 150 metros do lugar nunha ubicación que os veciños consideran insegura.
"Cambiouse a parada do autobús para unha zona que non é segura, non hai un cruce de peóns para a xente", explica unha veciña.
"O autobús para no medio da carretera", conta outro veciño.
A nova parada do autobús non conta con beirarrúas nen paso de peóns.