Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bus lanzadeira Baiona-Vigo para mellor a conectividade do Val Miñor

Un bus lanzadeira Baiona-Vigo para mellor a conectividade do Val Miñor

Un bus lanzadeira unirá por autoestrada Baiona coa intermodal de Vigo e os hospitais con 32 frecuencias diarias

Redeseño do servizo de transporte público no Val Miñor con novas liñas tamén polas dúas estradas convencionais

Outra liña conectará Baiona e Gondomar co campus universitario de Vigo

 

Un novo proxecto de transporte para adaptar a oferta á demanda actual coa incorporación de novos deseños de liñas
G24.gal 18/09/2026 13:28

En Baiona hai descontento co servizo do transporte público actual

"Iso teñen que solucionalo, porque é un auténtico desastre, non sabes nin cando chega un autobús nin cando sae".

"Van sobrecargados, a xente de pé", lamentan varios usuarios do transporte público.

Para paliar este descontento a Xunta vai reorganizar o transporte con dúas liñas directas por autoestrada entre Baiona e Vigo, unha delas con paradas nos hospitais. O servizo será cada media hora en días laborables e de cada hora nas fins de semana e festivos e terá unha soa parada na Praia América.

 "Paréceme ben, chegará antes a Vigo, non?".

"A min vénme estupendamente pero egoistamente mirando por min, porque vivo en Baiona pero que o que viva en Nigrán, en Salláns...", apuntan outros.

A Xunta confirma que haberá outras dúas liñas por estrada convencional. Unha pola PO-552 con servizos cada hora en días laborables e cada dúas en fin de semana. Outra pola costa con menos frecuencias no inverno pero reforzada nos meses de xullo e agosto.

A reestruturación completarase con outro bus que conectará os núcleos principais de Baiona e Gondomar co campus de Vigo para facilitar o acceso á universidade. O proxecto está en fase de tramitación de audiencia pública á espera de alegacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade