A aeroliña húngara Wizz Air estréase en Santiago con voos a Bilbao, Valencia e Madrid
En decembro incorporaranse outras 7 rutas: 5 nacionais a Málaga, Tenerife, Zaragoza, Gran Canaria e Forteventura e 2 internacionais, con voos directos a Varsovia e a Roma
A Lavacolla suma así 10 novas conexións, un paso importante para reverter a perda de pasaxeiros e voos tras a marcha de Ryanair
Primeiro avión de Wizz Air que aterra no aeroporto Santiago-Rosalía de Castro. TVG
A aeroliña húngara comezou a operar na tarde deste luns no aeroporto da Lavacolla as súas dúas primeiras conexións nacionais.
Pouco antes das 18:00 horas aterraba procedente de Valencia o primeiro voo da compañía e as 21:30 da noite chegará o segundo procedente de Bilbao. A estas dúas conexións sumarase mañá martes outra con Madrid.
Comeza deste xeito a primiera fase do desembarco da aeroliña de baixo custo en Santiago que se irá ampliando nas próximas semanas.
En decembro incorporaranse outras 7 rutas máis: 5 nacionais, a Málaga, Tenerife, Zaragoza, Gran Canaria e Forteventura e 2 internacionais, con voos directos a Varsovia e a Roma.
Acordo comercial da compañía húngara co Concello de Santiago
Wizz Air desembarca así na Lavacolla logo dun acordo comercial co Concello que inclúe a apertura ou día 17 de decembro dunha base operativa permanente neste aeroporto, a terceira dá compañía en España.
A Lavacolla suma así 10 novas conexións, un paso importante para reverter a perda de pasaxeiros e de roteiros tras a retirada de Ryanair.