Publicador de contidos

Publicador de contidos

Viveiro estrea autobús urbano, que mesmo te leva ao centro médico ou á praia

Viveiro estrea autobús urbano, que mesmo te leva ao centro médico ou á praia

Sae a cada hora, fai o percorrido entre Celeiro e Escourido e custa 0,86 céntimos

A idea é implementar outra liña e que os usuarios poidan enlazar unha con outra cun único billete

G24.gal 22/06/2026 13:56

O autobús chega puntual á parada. Comezamos a viaxe en Celeiro. Con nós soben outros tres viaxeiros.

"Eu vou traballar", comenta unha muller. "Eu vou estudar, como sae cedo é doado moverse nel", di unha moza.

Tras dúas paradas, chegamos a Viveiro. É onde hai máis movemento de viaxeiros.

"A xente ven facer as compras, ao centro médico", comenta o condutor do autobús. 

A viaxe é toda pola costa, cunha paisaxe inmellorable e con paradas próximas ás praias.

"Eu hoxe vin a Viveiro tomar un café; custa 0,86 céntimos, polo que veño encantada", explica unha muller.

Pero, sobre todo, facilita a mobilidade.

"Eu antes viña andando. É moi cómodo", di unha muller.

Esta liña vai de Celeiro a Escourido. A idea é implantar unha segunda, para o que piden uns cambios de tráfico no centro. Esta chegaría a máis parroquias e praias, e os viaxeiros poderán enlazar unha con outra e cun único billete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade