Publicador de contidos

Publicador de contidos

Booking enfróntase a unha demanda colectiva

Booking enfróntase a unha demanda colectiva

Máis de 1.400 empresas hostaleiras reclaman os cartos cobrados por cláusulas abusivas

O despacho de avogados CCS calcula que poderán recuperar o 7,3 % dos pagos á plataforma

Booking ocupa unha posición de dominio na reservas hoteleiras
G24.gal 22/06/2026 14:36

Máis do 70 % das reservas hoteleiras a nivel mundial faise a través de Booking. Non hai máis que saír á rúa e preguntar. 

 "Eu utilizo moito Booking".

"Booking".

"O que me contrata a min as viaxes é o meu fillo e é por Booking".

"Booking".

"Traballo con Booking, sempre buscamos aí ofertas, promocións", comentan varios turistas.

Booking acapara o mercado, e dende esa posición de dominio impón as súas condicións que os hostaleiros consideran abusivas.

"Agora parece que as empresas hostaleiras en vez de ser dunha propiedade pois son de Booking. Booking é o que marca as directrices, e non estamos de acordo", explica Cheché Real. presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría e Turismo Galicia.

Máis de 1.400 empresas do sector súmanse a unha demanda colectiva. Tamén as galegas. Calculan que poderán recuperar máis dun 7 % do pagado á plataforma

"Hai cifras importantes a recuperar, pero isto vai en función do hotel, do número de camas, da situación", engade.

Unha sentenza do Tribunal de Xustiza europeo no ano 24 abriu á porta a que o sector reclamara. Bookíng deixou de aplicar unha das súas cláusulas máis abusivas, a que impedía aos hostaleiros ofertar os seus cuartos a prezos inferiores aos que eles estipulaban na súa plataforma.

"Recentemente nunha viaxe que fixen á Arxentina descubrimos entón agora esta vez que viñemos aquí a España directamente fixémolo co hotel", apunta unha muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade