Restricións na circulación na contorna de Balaídos por obras de ampliación nunha das bancadas
As restricións afectan a confluencia das rúas Pablo Iglesias, Alexandre Bóveda, Manuel de Castro e parte de Fragoso
As obras comezan nun período de menos circulación, insiste o Concello, porque xa non hai fútbol nin tampouco curso escolar; aínda así, solicítase a máxima colaboración veciñal
Hai restricións de tráfico na contorna do estadio de Balaídos, en Vigo. Afectan ata cinco rúas durante dous meses para facilitar os traballos na obra de ampliación dunha das bancadas do estadio.
O Concello xa anunciou estes traballos hai días para informar os veciños con tempo. As restricións afectan á confluencia das rúas Pablo Iglesias, Alexandre Bóveda, Manuel de Castro e parte de Fragoso.
Dende hoxe, luns 22, ao día 22 de agosto por unha obra de saneamento importante, unha canalización que é necesaria na ampliación da bancada de Tribuna; esta obra vai facilitar o seu retranqueo. Os traballos forman parte das obras de transformacion do estadio para convencer a FIFA para ser sede do Mundial 2030.
As obras comezan nun período de menos circulación, insiste o Concello, porque xa non hai fútbol nin tampouco curso escolar; aínda así solicítase a máxima colaboración veciñal tendo en conta que os veciños desa área soamente teñen de vía de saída a rúa Florida.