Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras de ampliación avanzan na avenida coruñesa de Alfonso Molina

As obras de ampliación avanzan na avenida coruñesa de Alfonso Molina

Os traballos acumulan meses de atrasos e de sobrecusto polas complicacións do proxecto inicial

G24.gal 22/06/2026 14:21

É un dos puntos negros da circulación na área metropolitana da Coruña.

"Os venres á saída é moi habitual ver atascos", di un condutor. "Como haxa un accidente xa non das avanzado. Colápsase porque está a saída da autoestrada tamén", explica un usuario.

Un problema ao que terán que darlle solución as obras de ampliación que se desenvolven desde o inicio de 2024. O muro da Fábrica de Armas xa deixou paso aos novos carrís que se abrirán en dirección entrada. Agora habilítase un novo desvío cara á Zapaterira en dirección saída da cidade.

"Cada vez póñennos máis difícil poder camiñar. Vas por un lado, está cortado. Vas por outro, tamén. Por todos os lados", asegura unha veciña.

Os obras xa deberían estará rematadas, pero, despois de 18 meses, os problemas técnicos manteñen a data de remate aínda no aire.

"Vese por aí unha escavadora. Pero non se ve avance ningún", di un usuario.

O investimento nas obras supera os 18 millóns de euros. E xa está licitado outro proxecto de integración ambiental que contempla a creación de sendas peonís e para ciclistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade