Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avanzan as obras de renovación do paseo da ría do Burgo

Avanzan as obras de renovación do paseo da ría do Burgo

Os operarios substitúen pavimento e iluminación para reabrir a zona este verán

G24.gal 19/06/2026 14:29

As obras de dragaxe da ría do Burgo estragaron boa parte dun paseo que serve de espazo de recreo para os veciños de Culleredo e de Cambre.

"Vou andando ata a praia de Santa Cristina", di un veciño.

A renovación do paseo marítimo inclúe o pavimento e os elementos de iluminación e permitirá unir as sendas peonís arredor da ría.

"Facíalle falta xa", explica un usuario.

Os operarios aceleran os traballos para poder reabrir o paseo este mesmo verán. Din os veciños que servirán para revalozarizar a zona.

"Os pisos aquí están máis están caros ca na Coruña" asegura un veciño.

E é que o proxecto é moito máis amplo. O futuro pasa por completar os 11 quilómetros arredor da ría ata enlazar coa Coruña.

"Se enlazan coa Coruña seria un paseo precioso", di unha veciña.

Unha zona Reserva da Biosfera recuperada para o lecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade