As obras entre Guixar e Redondela obrigan a Renfe a manter o plan alternativo de transporte
Renfe recomenda aos viaxantes consultar os horarios antes de viaxar, dado que as alteracións poden afectar tanto a servizos de Media Distancia como a outras conexións ferroviarias
As obras ferroviarias entre Vigo Guixar e Redondela obrigarán a manter o plan alternativo de transporte de Renfe tamén os días 29 e 30 de maio e 6 e 7 de xuño, segundo informou este venres a compañía ferroviaria.
Ademais, os días 6 e 7 de xuño coincidirán dúas modificacións simultáneas do servizo ferroviario, xa que ás actuacións previstas na contorna de Vigo sumaranse as obras de mellora que se están executando na Estación da Coruña, afectando os trens con orixe ou destino na cidade herculina.
Renfe recomenda aos viaxantes consultar os horarios antes de viaxar, dado que as alteracións poden afectar tanto a servizos de Media Distancia como a outras conexións ferroviarias.
A compañía lembra que os billetes e toda a información relativa a horarios e alternativas de transporte están dispoñibles a través das canles habituais: despachos de billetes, máquinas de autoventa, a aplicación de Renfe, o teléfono de atención 912 320 320 e a páxina web da operadora.