Publicador de contidos

Publicador de contidos

A demolición das catro torres da central das Pontes durará 1,2 segundos

A demolición das catro torres da central das Pontes durará 1,2 segundos

O 30 de xullo ás catro da tarde realizarase unha voadura controlada que obrigará a pechar algunhas estradas. 

G24.gal 24/07/2026 14:42 Última actualización 24/07/2026 14:54

Nas Pontes o ambiente xa é de contra atrás. En poucos días está previsto que desaparezan as torres nun operativo que apenas vai durar un segundo, pero no que xa se leva meses traballando. Finalmente o Concello xa confirmou a data, será o 30 de xullo, logo de desbotar a proposta inicial do día 16, que coincidía coa festividade do Carme.

Un cambio profundo que esperta emocións e división. Hai quen celebra o final dunha era marcada polo carbón... E para outros a caída destas estruturas simboliza unha perda que vai máis alá do cemento. Porque ,din, pérderase parte da historia.. e tamén oportunidades. Por iso, see non poden ser todas, piden que polo menos se conserve a cheminea máis alta. E propostas para ela non faltan., como convertela no mirador máis grande de Europa, que é o que defende a Asociación en defensa do Patrimonio Industrial das Pontes

O proceso forma parte do desmantelamento da central, que vai xa polo vinte por cento e que está previsto rematar en 2028.

 Con motivo deste operativo, entre as 15.30 e as 16.30 horas permanecerán pechados ao tráfico diversos accesos e tramos de estrada na contorna da central. Entre eles, a AC-861 en dirección ás Pontes, Ferrol e Os Airíos; a DP-1802 na súa conexión coa AC-861, e os accesos á depuradora, Vilabella e á propia central térmica.

O Concello recomendou á cidadanía respectar as restricións establecidas e seguir en todo momento as indicacións do dispositivo de seguridade despregado para a demolición das torres.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade