Publicador de contidos

Publicador de contidos

A autovía do Barbanza estará cortada polas obras o mércores e o xoves entre Palmeira e Ribeira

A autovía do Barbanza estará cortada polas obras o mércores e o xoves entre Palmeira e Ribeira

Entre os puntos quilométricos 32 e 38 quedará habilitado un só carril por sentido polos labores de pintado

A renovación do asfalto da autovía comezou en agosto A renovación do asfalto da autovía comezou en agosto
G24.gal 08/09/2026 17:00

O avance nas obras de renovación de firme na autovía do Barbanza fará necesario o corte de tráfico nos dous sentidos de circulación no último tramo, desde este mércores ata última hora do xoves.

Segundo indicou a Xunta nun comunicado, levaranse a cabo os traballos de estendido do aglomerado desde o punto quilométrico 38 (enlace de Palmeira) ata o 40+006 (enlace de Ribeira).

Debido a este corte, os usuarios da estrada que se dirixan de Ribeira a Padrón poderán acceder á autovía desde Palmeira, mentres que os que se dirixan de Padrón a Ribeira deberán saír tamén en Palmeira.

Por outra banda, os labores de pintado na autovía tamén fan necesario ao longo desta semana habilitar un só carril de circulación por sentido entre os puntos quilométricos 32 e 38.

As obras da autovia do Barbanza comezaron o 4 de agosto. A renovación do firme farase nos algo máis de 40 quilómetros que ten a vía. A Xunta inviste nestes traballos máis de dez millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade