Cortes na autovía do Barbanza ata o martes pola renovación do asfalto
As obras de renovación do asfalto comezaron esta mañá en Taragoña
A Xunta pide planificar a viaxe e advirte que se poden provocar embudes en horas puntas
Cortaranse treitos de catro quilómetros para minimizar as retencións
As máquinas xa traballan no asfalto. Desde este xoves e ata o vindeiro martes, a calzada dereita está completamente cortada á altura da saída 19, en sentido Ribeira. Os operarios traballarán sen descanso, mesmo durante toda a fin de semana, para axilizar as tarefas.
Para manter a circulación habilitouse un desvío na medianeira: o tráfico nos dous sentidos concéntrase agora na marxe esquerda. Os traballos contan cun investimento que supera os dez millóns e medio de euros e afectarán a todo o trazado da autovía. Co obxectivo de evitar grandes retencións, as actuacións executaranse de forma progresiva en treitos curtos de catro quilómetros. Renovarase o asfalto por completo, actualizarase a sinalización e substituiranse as xuntas de dilatación en todos os viadutos.
A Xunta pide máxima precaución aos usuarios pola presenza de operarios na vía, polo que se recomenda saír con tempo. Estas restricións poden xerar embudes en horas punta.
Os condutores piden ampliar as mellorar a outras vías Na autovía do Barbanza, a circulación no conxunto de xullo e agosto supera o millón de desprazamentos.