Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecida a circulación ferroviaria entre Ourense e O Irixo tras os incendios provocados polo paso dun tren

Restablecida a circulación ferroviaria entre Ourense e O Irixo tras os incendios provocados polo paso dun tren

Imaxe do incendio de Amoeiro, que xa está extinguido (TVG) Imaxe do incendio de Amoeiro, que xa está extinguido (TVG)
G24.gal 14/07/2026 10:21

A circulación ferroviaria entre Ourense e O Irixo quedou restablecida durante a madrugada deste martes despois de verse afectada polo paso dun tren que provocou varios incendios. Esta incidencia obrigou a interromper o paso de trens de ancho convencional que circulan entre Ourense e Santiago de Compostela na tarde do pasado luns, aínda que non afectou os trens de alta velocidade, informa Adif.

Pola súa banda, fontes da Consellería do Medio Rural informan a Europa Press que dos oito incendios rexistrados por este motivo o pasado luns só quedan sen extinguir dous: un en Untes, que queima catro hectáreas e está controlado, e outro en Maside, que calcina entre tres e catro hectáreas e está estabilizado.

O paso dun tren pola liña convencional sobre as 14:00 horas provocou ata oito incendios nos municipios de Maside, onde se orixinaron catro focos, Ourense, dous lumes, Amoeiro e Punxín na tarde do pasado luns, segundo Medio Rural.

Na súa extinción traballaron múltiples medios, entres eles as Brigada de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) e helicópteros bombardeiros do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Iso, segundo destaca a Delegación do Goberno, de forma coordinada co dispositivo autonómico.

As columnas de fume do incendio de Untes puidéronse ver desde a cidade de Ourense.

Incendios en Laxe e Ribas de Sil

Mentres, continúa estabilizado o incendio de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, tras arrasar 180 hectáreas. Comezou na tarde do sábado. Foi necesario declarar a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade a Chenzas, unha alerta que quedou desactivada na madrugada do domingo.

Pola súa banda, permanece controlado desde as 23:37 horas do domingo o incendio rexistrado nos municipios coruñeses de Vimianzo e Laxe, que se fundiu nun único lume, tras se uniren os iniciados na parroquia de Salto, en Vimianzo, e o de Nande, en Laxe. Afecta en conxunto a unhas 220 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade