Publicador de contidos

Publicador de contidos

A raíña Letizia visita as instalacións de Adolfo Domínguez en San Cibrao no 50 aniversario da firma

A raíña Letizia visita as instalacións de Adolfo Domínguez en San Cibrao no 50 aniversario da firma

Por terceira vez nunha semana a raíña loce un vestido do deseñador ourensán

EFE/ Brais Lorenzo
G24.gal 24/07/2026 13:55 Última actualización 24/07/2026 15:04

A raíña Letizia visitou este venres as instalacións da marca de moda Adolfo Domínguez en San Cibrao e lucíu por terceira vez nunha semana, un vestido da firma ourensá, tras os utilizados na final do Mundial de Fútbol e na recepción á Selección masculina.

A soberana escolleu un modelo de algodón fino, engurrado, de manga curta, escote en pico, saia plisada, peche de cremalleira invisible nas costas e multicor. Pódese atopar na web da firma decana da moda española por 99 euros.

No seu percorrido, Letizia puido ver a colección Zenit, coa que AD regresou á Mercedes Benz Fashion Week na súa edición de 2025 despois de catorce anos sen estar presente. Estaba acompañada do deseñador galego, a súa muller Elena González,e as fillas de ambos, Adriana e Tiziana, que son presidenta executiva e directora creativa respectivaente.

A relación da raíña con Adolfo Domínguez é xa longa. Unha das prendas máis lembradas do deseñador ourensán foi a chaqueta branca que vestiu na súa primeira aparición co rei, entón Príncipe de Asturias, en novembro de 2003 nos xardíns do Pavillón do Príncipe do Palacio da Zarzuela.

Este ano, en maio, a soberana recuperou esta prenda con motivo da inauguración da 85ª edición da Feira do Libro de Madrid, un deseño estival de Adolfo Domínguez de longo midi e tecido plisado con estampado abstracto en tons azul tinta que estreara antes en Sevilla, en 2020.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade