A circulación ferroviaria entre Ourense e Santiago normalízase; a Xunta esixe explicacións
A avaría dun convoi no Irixo afectou a numerosos trens e máis de 3.000 pasaxeiros en Galicia
A Xunta pide ao Gobierno transparencia ante os problemas graves no sistema ferroviario galego
Renfe informa de que a circulación está completamente restablecida na liña Ourense-Santiago de Compostela despois de que esta madrugada se completasen os traballos de reparación da infraestrutura danada pola avaría dun convoi ao seu paso polo Irixo o mércores pasado.
🟢 Restablecida la circulación normal en la línea que conecta Ourense y Santiago de Compostela una vez reparados los daños en la infraestructura. https://t.co/tGXPcwGoCv
— InfoRenfe (@Inforenfe) July 10, 2026
A incidencia provocou eatrasos e cancelacións en máis dunha quincena de trens en toda Galicia e afectou a máis de 3.000 pasaxeiros, sobre todo na xornada do mércores.
En concreto, a avaría rexistrada ao quedar enganchado o patógrafo dun tren Avlo na catenaria, que afectou á electrificación, quedou solucionada ás 05:24 horas desta madrugada.
Este incidente, conforme sinalou Adif, provocou que durante parte da xornada do mércores e todo o xoves a circulación entre Ourense e O Irixo se tivese que realizar por vía única, o cal provocou atrasos en diferentes trens e algunha cancelación.
Mentres que na madrugada do xoves se conseguiu retirar o tren avariado para posteriormente acceder á infraestrutura danada, os traballos finalizaron na madrugada deste venres.
Deste xeito, espérase que ao longo deste venres os servizo ferroviarios operen con normalidade, despois de dúas xornadas con atrasos e cancelacións.
A Xunta pide ao Goberno transparencia ante os problemas graves no sistema ferroviario galego
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo esixiu ao Goberno central claridade e transparencia no relativo ao problema grave que presenta, na súa opinión, o sistema ferroviario galego.
"O que está a pasar en Galicia, desde hai moito tempo e de xeito moito máis intenso nestes últimos tempos, non son incidencias senón un sistema ferroviario que non está a funcionar", sentenciou. "É un problema grave", insistiu.
Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre a interrupción esta semana da circulación ferroviaria entre Ourense e Santiago pola avaría dun tren no Irixo. Foi tras encabezar xunto ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Ignacio Picatoste, a reunión da Comisión Mixta de Xustiza na Coruña.
Calvo denunciou que non hai claridade nin transparencia de cales son eses problemas nin de como se van afrontar. "Está a fallar porque ten problemas de fondo e de forma", destacou.
Neste sentido, incidiu en que a Xunta leva anos pedindo ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible un interlocutor directo que transmita información sobre o estado da rede ferroviaria en Galicia. En concreto, dixo, sobre as causas e o plan de continxencia para afrontar problemas.
"Non temos ningún tipo de información oficialmente", reiterou para apuntar que teñen coñecemento do que sucede polos medios de comunicación e as redes sociais.
"Os galegos e galegas perden confianza no servizo ferroviario e están a elixir outros medios de transporte", lamentou; por iso, pediu ao Executivo que o tome en serio.