O outono tensionará as economías familiares
Prevense subas da luz, o gas, os combustibles e a cesta da compra
A OCU recomenda revisar os contratos da enerxía e revisar os consumos pantasma da luz na casa
Encher a cesta da compra é hoxe un 36 por cento máis caro ca hai cinco anos
Se os cartos voaban e as contas dificilmente cadraban, setembro non traerá boas noticias. Os petos volverán porse a proba coa volta de vacacións. O gran medo de cara aos meses de frío está nos recibos da enerxía.
Subirá a gasolina, o gas e a luz. Coa electricidade subindo xa, milleiros de galegos estanse movendo rápido para cambiar os seus contratos. E esa é unha boa estratexia. Dino os expertos da OCU. Non debemos agardar a que chegue o frío.
Pero o golpe non queda aí, porque comer hai que comer. Despois da enerxía, ir ao supermercado está a ser un pouco máis difícil cada día. Encher un carro da compra é hoxe un 36 por cento máis caro ca hai cinco anos. Agora entramos máis veces no súper, eliximos establecementos preto da casa e facemos compras máis pequenas e con lista.
Na rúa, as receitas teóricas de aforro chocan coa realidade. Entre sumas e restas non queda colchón. Se non podemos aforrar nin na compra nin na enerxía, todo apunta a que o faremos noutros sectores. E o ocio apunta a ser o máis prexudicado. Vivenda e hipótecas completarán este coctel explosivo que convertirá setembro noutro mes en pendente.