Publicador de contidos

Publicador de contidos

Contención nos gastos e planificación para superar a costa de xaneiro

Contención nos gastos e planificación para superar a costa de xaneiro

Case a metade da poboación recoñece que sofre estrés financeiro no comezo do ano

G24.gal 01/02/2026 15:03 Última actualización 01/02/2026 15:40

Estreamos mes, 1 de febreiro, e a pregunta que nos facemos hoxe é se realmente rematou a costa de xaneiro, un mes complicado pró noso peto. Vimos de moitos gastos e queremos apertar o cinto, pero a realidade é que hai gastos fixos aos que temos que facerlle fronte si ou si: a vivenda, a alimentación ous os combustibles. 

Entramos no mes de decembro coa resaca do Black Friday, xa coas luces do Nadal prendidas en moitos lugares. Mercamos agasallos, xuntámonos para comer e brindar ao redor de mesas xenerosas e estreamos 2026 aínda iluminados polas festas. Sen tempos mortos saudamos as rebaixas e, con menos ganas, o aumento de prezos que acompaña cada comezo de ano. Apagadas as luces, chegou a tormenta perfecta da costa de xaneiro.

Moitas economía domésticas non teñen máis remedio que entrar en modo supervivencia e conter gastos con algunha renuncia. Case a metade da poboación recoñece sufrir o que se coñece como estrés financeiro, froito, en boa medida, de case dous meses de desequilibrios entre gastos e ingresos.

Se iniciamos febreiro coa conta corrente raquítica deberemos priorizar os gastos básicos e reorganizar as finanzas. A palabra clave para non rodar costa abaixo é planificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos