O prezo de celebrar unha comuñón incrementouse un 21% con respecto do ano pasado
O gasto medio por familia para a celebración é de case 7.000 euros
O abano de prezos vai dende os 3.200 euros ata case 16.000 como máximo para unha celebración con 50 persoas
O banquete e o traxe concentran a maior parte do gasto, pero tamén suman outros detalles complementarios como os recordatorios, as fotos ou a animación para os nenos
Arrinca a temporada de comunións e moitas familias preparan un importante desembolso para facerlle fronte a unha celebración que se encareceu un 21% con respecto do ano pasado.
"Síguense celebrando. Si que hai menos nenos, polo tanto hai menos comuñóns, pero as que hai si que se gasta máis ou se inviste máis nelas." Explica Luisa Leiro, propietaria da tenda de moda infantil Mais que Nenos.
Un dos principais gastos e o traxe. As tendencia foron mudando cos anos cara prendas máis cómodas e con tecidos naturais e, en canto aos prezos, hai para todos os petos.
"Nós témolos desde 150 euros ata os 2.000. Depende un pouco do que un queira gastar. Depende tamén a firma da propia prenda, hai un abano moi grande." Di Leiro
O banquete e sen dúbida o gasto principal, con opcións que inclúen aperitivo e un menú especial para os nenos.
"Temos o menú infantil a partir duns 30 euros e o dos adultos a partir de 80 euros. De ahí para arriba o que queiras." Afirma Borja Villasenín o director do restaurante Ruta Xacobea.
Pero o banquete non é abondo e cada vez son mais os que contratan inchables, magos, animadores... todo tipo de actividades para garantir a diversión dos pequenos.
"Nós xa incluimos no prezo a parte do parque infantil interior e exterior un inchable de auga para que poidan desfrutar e un canón de escuma. E a maiores de todo eso ainda queren máis cousas." Di Villasenín.
E ainda hai que sumarlle á conta final os recordatorios, as fotos, o peiteado...Segundo un estudo da asociación española de consumidores o gasto medio das comuñóns este anos será dun 6.800 euros.