'Peregrinos do mar' promove a quenlla e o peixe espada no Camiño Francés
Restaurantes de oito localidades do Camiño Francés ofrecerán pratos con quenlla e peixe espada
'Peregrinos do mar' é unha iniciativa de Interfish que quere promover estes produtos
Haberá credenciais con selos que permitirán obter premios
O obxectivo é saborear cada etapa e, facendo o Camiño Francés do revés, esta ruta comezou polo final, presentándose en Santiago de Compostela. Desde primeira hora Lucía Freitas estivo a preparar os petiscos que ofreceu na terraza do Hotel Costa Vella.
"Estamos facendo á brasa unha ventrecha de peixe espada rosa, imos acompañala con xema de ovo e rematala cun verde de allo porro", explica Lucía Freitas.
Escabeche tépedo con quenlla, ensalada con lombo de peixe espada curado, diversas opcións de sushi.... Lucía Freitas fai propostas vangardistas e algunhas lembran á carne, como o embutido de peixe espada rosa.
"Din que é a carne do mar porque é volta e volta, ten motas maneiras de traballalo ,con esas receitas tipicas da carne", di Sergio Acevedo, de Interfish.
"Representamos o 90 % da frota europea que se dedica a peixe espada, quenlla e outras especies acompañantes, pero como non é un produto que se comercialice nas pescaderías, pois é un g rn descoñecido", di Sergio López, da OPP Burela.
Aproveitando a ruta xacobea e pasando por localidades de interior, promovese a iniciativa peregrinos do mar que terá a súa propia credencial para selar e premios.
Durante dous meses, de Estella a Compostela, diversos restaurantes ofrecerán pratos que teñen en común estas especies.