Publicador de contidos

Publicador de contidos

O consumo de pratos preparados para comer aumentou 4 % o último ano

O consumo de pratos preparados para comer aumentou 4 % o último ano

Valóranse pola facilidade para atopalos e a rapidez á hora de cociñalos

As pizzas, as patacas conxeladas e a pasta son os máis demandados

G24.gal 23/08/2026 18:54

Cada vez se consumen máis pratos preparados. A demanda deste tipo de elaboracións aumentou case un 4%, cunha media de 18 quilos por persoa nun ano. 

A rapidez á hora de preparar estes pratos, xunto coa facilidade de obtelos son aspectos moi valorados, e iso que a maior parte dos consumidores son conscientes de que os pratos preparados non son os máis equilibrados ou saudables. 

A pizza é o produto máis consumido, con case 132.000 toneladas ao ano, seguido das patacas conxeladas, con 98.000 toneladas e os pratos con base de pasta, que supoñen 72.000 toneladas ao ano. 

Os pratos preparados, unha opción cada vez máis frecuente que deixa obsoletas as cociñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade