Peche nocturno da AG-59 o luns por melloras de asfalto en Pontevea
Estes traballos de reasfalto afectarán o último tramo da AG-59 entre as 20 horas do luns e as 7 horas do martes
A Estrada AG-59 sufrirá un corte nocturno a noite do luns ao martes por melloras do asfalto na AC-841 ao seu paso por Pontevea, no municipio coruñés de Teo.
A Xunta avanza nun comunicado estes traballos de reasfalto que afectarán o último tramo da AG-59 entre as 20 horas do luns e as 7 horas do martes.
O tráfico será desviado a través da saída 6 da AG-59 mediante sinalización previa para mitigar as retencións e garantir a seguridade.
Esta intervención inclúese dentro dun plan de acondicionamento viario máis amplo que afecta outras estradas secundarias de Santiago de Compostela, Boqueixón, Touro, Teo, Ames, Rois, Lousame e Noia.
A actuación forma parte da partida de 71,6 millóns de euros destinada este ano polo Goberno autonómico para a conservación da súa rede de estradas.