Publicador de contidos

Publicador de contidos

Usuarios da N-540 entre Lugo e Ourense reclaman que se pinte toda a vía tras as obras

Usuarios da N-540 entre Lugo e Ourense reclaman que se pinte toda a vía tras as obras

Consideran que os treitos que carecen de pintura son un perigo e de feito xa se rexistraron accidentes

Os traballos que se acometeron na infraestructura consistiron na renovación do asfalto, pero aínda quedan zonas sen rematar

G24.gal 18/08/2026 13:42

Unha colisión entre dous coches á altura de Chantada é o derradeiro accidente nunha vía que está en obras. Trátase da N-540 que une Ourense e Lugo, na que se están levando a cabo traballos de reparación do firme. En varios treitos e tamén nas conexións coas localidades polas que atravesa a estrada carece de pintura, o que complica circular por ela.

Os traballos de asfaltado acometéronse na primavera, pero aínda quedan treitos pendentes. Os usuarios da vía temen que a falta de sinalización e de pintura na calzada poda ocasionar máis accidentes.

Hai treitos sinalizados con pintura de obra, e arredor de sete quilómetros que carecen dela. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade