Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas en Quiroga pola perigosidade dunha estrada

Queixas en Quiroga pola perigosidade dunha estrada

Veciños de varias parroquias incendiadas en 2025 esixen medidas urxentes para evitar que as enxurradas sigan arrastrando o firme

O terreo baixo o pavimento foi arrastrado pola corrente en diversos puntos da estrada
Félix Aragunde 31/08/2026 20:48

Os veciños das parroquias de Cereixido e Vilarmel, en Quiroga, cortaron a N-120 para protestar polo estado de abandono en que se encontran as súas aldeas. A raíz dos incendios de 2025, a estrada que lles dá servizo está cada vez máis degradada, ata o punto de que resulta perigoso circular por ela. En especial cada vez que chove, posto as enxurradas están a arrastrar o firme e mesmo hai risco de corremento de terras.

Para evitar que a montaña se derrube e chegue a haber unha desgraza, os afectados esixen que se tomen medidas urxentes. Reclaman que se repare o firme alí onde xa foi arrastrado e que se aseguren as ladeiras, que quedaron desprotexidas tras os incendios. 

Aínda que a estrada en perigo é de titularidade municipal, a veciñanza afectada demanda a implicación de todas as administracións públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade