Publicador de contidos

Publicador de contidos

Universitarios de toda España buscan na Coruña solucións tecnolóxicas para facer máis accesible a Administración de Xustiza

Universitarios de toda España buscan na Coruña solucións tecnolóxicas para facer máis accesible a Administración de Xustiza

A iniciativa enmárcase no DataFórum Justicia que reúne ata o venres na Coruña a máis de 1.500 tecnólogos e xuristas

G24.gal 22/10/2026 21:07 Última actualización 22/10/2026 21:28

Traballan en equipo no deseño dunha aplicación para facilitar, a través de xogos, que nenos e adolescentes entendan como funcionan os procedementos xudiciais. Son estudantes de Dereito e de Enxeñaría de Telecomunicacións.

"Estamos vendo como entre nenos de 14 ou 16 anos medrou moito o número de delitos como a agresión sexual, por exemplo, entón co coñecemento das penas e das consecuencias que poida haber que se cometan menos delitos", explica Carolina Vega, integrante do grupo e estudante de Dereito na Universidade de Oviedo.     

Este outro equipo da Universidade da Coruña está a idear un asistente virtual para acompañar persoas con TDAH, TEA e outras neurodiverxencias na súa relación coa Xustiza.

"Facemos unha resposta para evitar estigmatizacións como, por exemplo, ter que dicir que tipo de neurodiverxencia teñen. Podemos axudar a persoas que teñan estas dificultades sendo tanto neurodiverxentes como neurotípicos", apunta Brais mesa, integrando do grupo e estudante do Máster de Dereito dixital e IA da Universidade da Coruña.

Uns 200 estudantes de 19 universidades españolas compiten aquí na procura de solucións tecnolóxicas aos retos da Administración de Xustiza desde diversas disciplinas.

"Son estudantes de Dereito, de Informática, pero a xustiza tamén é a atención á vítima, é dicir, os psicológos, as carreiras do ámbito das Ciencias Sociais, as cuestións relacionadas coa criminalística ou coa medicina legal", sinala Aitor Cubo, director xeral de Transformación Dixital da Administración de Xustiza do Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes. 

Premiaranse as propostas máis innovadoras e máis viables tecnicamente. A iniciativa enmárcase no DataFórum Justicia que reúne ata o venres na Coruña a máis de 1.500 tecnólogos e xuristas e no que se abordará tamén o uso da intelixencia artifical. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade