Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas semanas sen escaleiras mecánicas para subir Maestro Clavé na Coruña

Dúas semanas sen escaleiras mecánicas para subir Maestro Clavé na Coruña

O Concello atribúe as avarías a un deseño inadecuado do modelo das escaleiras pra a intemperie

G24.gal 20/10/2026 14:36

As costas da Falperra, na Coruña, son estes días, valla a redundancia, moito más costa arriba. As escaleiras mecánicas que salvaban a pendente levan dúas semanas sen funcionar. Nada novo, segundo os veciños, que se queixan de fallos continuos dende que se instalou.

Os veciños da contorna da Falperra, prometían ser moi felices cando comezaron no 2014 as obras para a construción dunhas escaleira mecánicas na rúa Maestro Clavé para salvar a impoñente costa. Pero as continuas avarías marcan o destino desta estrutura.

"Un día si e outro tamén". " Se non é un tramo, é outro", comentan os usuarios.

Xa só funcionaba ultimamente un tramo. Pero dende hai dúas semanas acabouse. 

"Xa non funciona? É que isto é terrible".

O Concello atribúe as continuas avarías ao deseño do modelo que non está pensado para exteriores.

" Atáscase con follas e lixo. Deberían cubrilas", é un comentario recorrente entre os usuarios.

O Concello informa de que está buscando un modelo alternativo máis adecuado. Pero mentres chega aínda quedan moitos chanzos por subir. 

"Exercicio gratis", di unha moza tirando de ironía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade