Un home armado cun coitelo ameaza varias persoas na lonxa de Campelo, en Poio
Antes de chegar á lonxa, o agresor, que é veciño de Poio, xa intentara acceder a unha vivenda das inmedicacións, causando danos na porta e picando as rodas dunha furgoneta
Gran susto o que levaron na lonxa de Campelo en Poio onde irrompeu un home cun coitelo de carniceiro berrando e en actitude moi agresiva. Chegou a colocarlle a arma branca no peito a un traballador convencido de que tiña secuestrada a súa filla. Finalmente reducírono, pero foi necesaria a presenza de varios efectivos policiais.
Rogelio chegaba hoxe con bo humor a Campelo a pesar do susto. Onte traballaba como cada día xunto á súa muller na lonxa cando ocorreu todo. A muller de Rogelio non dubidou en defendelo e intentou calmar o agresor buscando un lugar onde refuxiarse.
Conseguiron poñerse a salvo mentres os empregados da lonxa pedían axuda.
Antes de chegar á lonxa, o agresor, que é veciño de Poio, xa intentara acceder a unha vivenda das inmedicacións, causando danos na porta e picando as rodas dunha furgoneta. Foi detido e posteriormente trasladado ao hospital de Montecelo.