Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado un menor en Vigo por ameazar de morte a unha profesora

Condenado un menor en Vigo por ameazar de morte a unha profesora

Terá que cumpir oito meses de liberdade vixiada e indemizar con 2.000 a docente polos danos psíquicos ocasionados 

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 27/08/2026 11:31

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, confirmou a condena a oito meses de liberdade vixiada para un menor que ameazou de morte a súa profesora de música, á que chegou a dicirlle: "Non vas quedar viva". 

Os feitos ocorreron o 27 de xaneiro de 2025, despois de que o alumno fora expulsado da aula. Segundo a sentenza, dirixiuse á docente nun ton intimidatorio e diante dos seus compañeros, con ameazas como que lle pasaría algo se a atopaba pola rúa. 

O tribunal confirmou integramente a resolución do Xulgado de Menores número 1 de Pontevedra e desestimou os recursos tanto pola defensa do menor como pola profesora. 

Ademais da liberdade vixiada, o menor deberá realizar un programa de resolución de conflitos sen violencia e seguir tratamento psicolóxico e psiquiátrico ambulatorio. 

En concepto de responsabilidade civil, o menor e os seus pais deberán aboar 2.000 euros á profesora polos danos psíquicos ocasionados, que requiriron 121 días de estabilización e tratamento médico, psicolóxico e psiquiátrico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade