Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acepta tres anos de cadea por prenderlle lume á casa da exmuller en Tomiño

Acepta tres anos de cadea por prenderlle lume á casa da exmuller en Tomiño

Deberá indemnizar a vítima con tres mil euros e ten prohibido achegarse ou comunicarse con ela durante oito anos

A petición inicial da fiscalía era de 13 anos de cadea e unha orde de afastamento de 14 anos

G24.gal 07/04/2026 13:48

O home acusado de prenderlle lume á casa da exmuller en Tomiño asume os feitos e acepta tres anos de cadea. Foi tras un acordo ao que as partes chegaron hoxe, na xornada en que fora fixado o xuízo na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra. O acordo foi perfilado ata o último momento, e unha vez ratificado na sala suspendeuse a celebración do xuizo. 

O acusado de queimar a casa da súa exmuller con ela e unha filla dentro asume os feitos, ocorridos o 20 de maio do ano pasado na parroquia de Pinzás, no municipio de Tomiño.  O home acepta unha condea de tres anos e tres meses de prisión -dous polo delito de incendio e un e tres meses por un delito de ameazas-. Ademais terá que pagar tres mil euros de indemnización á vítima. Impónselle asemade unha orde de afastamento de 500 metros e ten prohibida a comunicación coa vítima por oito anos.

A petición inicial da Fiscalía era de trece anos de cárcere, así que a transacción que evitou a celebración da vista oral rematou cunha rebaixa sustancial da condena. O home, que estaba no cárcere dende o día de autos, seguirá en prisión para cumprir o que lle queda de condena. O home deberá aboar ao Concello de Tomiño 961 euros por gastos na extinción do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade