Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous encapuchados atracan unha gasolineira en Carballo e foxen en patinete

Dous encapuchados atracan unha gasolineira en Carballo e foxen en patinete

Ameazaron o traballador cunha arma branca e tras facerse coa faldriqueira onde levaba os cartos

G24.gal 20/10/2026 16:54

Dous encapuchados atracaron unha gasolineira en Carballo. Chegaron en patinete. Ameazaron o traballador cunha arma branca e tras facerse coa faldriqueira onde levaba os cartos marcharon outra vez a bordo do patinete. Un medio de fuxida pouco habitual.

Pero houbo outros atracadores que véndose cercados polas forzas de orde tentaron escapar a nado. Foi hai tempo tras roubar varios establecementos na zona de Samil.  

Outros marcharon andando tras roubar un banco nas Conchas en Lobeira. E houbo quen non tivo tanta sorte e quedou atrapado nunha fiestra tras roubar un bar da Lama.

Hai casos de todo tipo. Como aquel ladrón que escapou coa rexistradora dunha panadería e foron os propios empregados os que o detiveron, ou aquel outro sorprendido por un invidente cando roubaba nas oficinas da ONCE en Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade