Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Ourense por intentar roubarlle diñeiro a un home ameazándoo cun coitelo

Detido en Ourense por intentar roubarlle diñeiro a un home ameazándoo cun coitelo

O detido foi posto á disposición xudicial, decretando o seu inmediato ingreso en prisión

Policía Nacional Policía Nacional
G24.gal 19/08/2026 10:02

Axentes da Policía Nacional detiveron o pasado sábado en Ourense un home acusado dun delito de roubo con violencia e intimidación, tras supostamente intentar roubar diñeiro a un viandante ameazándoo cun coitelo.

Os feitos sucederon o sábado nunha rúa do centro da cidade, onde un home foi intimidado por outro, que lle colocou un coitelo á altura do abdome, á vez que o instaba a entregarlle diñeiro.

Ante a negativa da vítima e grazas á axuda prestada por diversas persoas que observaban os feitos, o autor emprendeu a fuxida do lugar, guindando o coitelo.

Os policías, tras as indicacións achegadas pola vítima e testemuñas, rapidamente localizaron nunha rúa próxima ao lugar dos feitos ao presunto autor, procedendo á súa detención e recuperando a arma branca utilizada para cometer o delito. O detido foi posto á disposición xudicial, decretando o seu inmediato ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade