Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha persoa por un incendio provocado nun piso de Vigo que obrigou a desaloxar unha familia

Detida unha persoa por un incendio provocado nun piso de Vigo que obrigou a desaloxar unha familia

As testemuñas aseguran que alguén botou gasolina no portal e prendeu lume 

A Policía Nacional desmantelou recentemente un narcopiso que houbo na planta baixa do inmoble

Estado en que quedou o portal do inmoble. TVG.
G24.gal 06/10/2026 15:45

Unha familia tivo que ser evacuada da súa vivenda en Vigo, por un incendio que puido ser provocado.

A rápida actuación dos veciños e dos equipos de extinción evitou que houbese feridos.

Segundo as testemuñas, alguén botou gasolina no portal e prendeulle lume.

Na planta baixa houbo un narcopiso, que a Policía Nacional desmantelou recentemente. A consecuencia da investigación do incendio, os axentes detiveron unha persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade