Cargando resultados...
Unha persecución policial en Betanzos acaba con tres detidos
Os arrestados son sospeitosos de varios roubos na comarca
G24.gal
01/10/2026 23:17
Última actualización 01/10/2026 23:32
Levaban tempo detrás deles e este xoves conseguiron arrestalos.
A Policía detivo tres homes en Betanzos sospeitosos de cometer varios roubos na zona.
O arresto produciuse despois dunha persecución que acabou cun coche empotrado no centro da vila.
Os axentes perseguíanos en coches camuflados e os detidos chocaron cando daban marcha atrás.