Remolcan ata Cariño un pesqueiro con problemas na hélice preto de Cabo Ortegal
Estaba a unhas 0,7 millas de Cabo Ortegal e con dous tripulantes a bordo
O pesqueiro foi remolcado pola Salvamar Shaula (Salvamento Marítimo-Arquivo)
Un pesqueiro foi remolcado este xoves ata o municipio coruñés de Cariño despois de notificar problemas na hélice. Tal e como informou Salvamento Marítimo, o pesqueiro 'Xandre' notificou que tiña un cabo na hélice.
Situado a unhas 0,7 millas de Cabo Ortegal e con dous tripulantes a bordo, solicita ser remolcado. Notificou que comezaba a derivar, con pouca arrancada cara ao mar. O posto de Fisterra mobilizou á Salvamar Shaula, que o remolcou ata o porto de Cariño.
Pesquero Xandre, a 0,7 millas de Cabo Ortegal con 2 tripulantes, solicita remolque por tener un cabo en la hélice. Derivando con poca arrancada hacia la mar. CCS Fisterra moviliza la Salvamar Shaula, que lo remolca a Cariño #PescaSegura pic.twitter.com/zZ24iSasXa
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) October 1, 2026