Un pesqueiro á deriva con dez tripulantes a bordo foi remolcado ao porto de Cariño
A tripulación rexistrou un problema de goberno ao "bloquearse o temón e a hélice co floco da arte de pesca" polo que avisou a Salvamento Marítimo
Salvamento Marítimo
Un pesqueiro que quedara á deriva este luns a unhas doce millas ao norte de cabo Ortegal cunha decena de tripulantes a bordo foi remolcado ata o porto coruñés de Cariño, informou o servizo de Salvamento Marítimo.
A tripulación rexistrou un problema de goberno ao "bloquearse o temón e a hélice co floco da arte de pesca", polo que avisou a Salvamento Marítimo cara á 01:55 horas desta madrugada, precisaron as fontes.
Un equipo de rescate acudiu en barco á zona para prestar apoio e chegou ás 02:56 horas ás proximidades do pesqueiro, onde decidiu remolcalo ata o porto de Cariño, ao que chegou cara ás 07.30 horas, precisa Salvamento Marítimo.