Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como é un helicóptero de Salvamento Marítimo? Na Coruña puideron comprobalo

Como é un helicóptero de Salvamento Marítimo? Na Coruña puideron comprobalo

É o terceiro evento deste tipo que fan desde que se puxo en marcha o servizo hai 35 anos

Ducias de persoas viron o interior dun Leonardo AW139 e preguntaron dúbidas

 

A xornada de portas abertas foi na Torre de Hércules
G24.gal 06/08/2026 14:47

A torre de Hércules e o son das aspas do helicóptero de Salvamento Marítimo son dúas iconas do rescate marítimo ben coñecidas na cidade da Coruña. Hoxe non había emerxencia... Hoxe tocaba xornada de portas abertas para a cidadanía. 

"A mín paréceme que fan un traballo excelente na costa", di un home.

"Este tipo de eventos están moi ben porque dan a coñecer o seu traballo", sinala un veciño da Coruña.

Ducias de persoas agardaron a súa quenda para visitar o Leonardo AW139, un dos helicópteros de Salvamento Marítimo. O servizo conta en Galicia con dúas aeronaves de gran porte, que son o Helimer 401 e 402.

 "Este helicóptero pode levar 10 ou 12 rescatados e o Helimer, 23. A tripulación deste é de 4 persoas; a do grande, 5, conta Roberto Pereira, xefe de Salvamento Marítimo na Coruña

Salvamento Marítimo conta en Galicia con 12 pilotos e 20 rescatadores e operadores de guindastre. Veciños e turistas preguntáronlles dúbidas sobre o funcionamento dos helicópteros, a súa autonomía ou os métodos de rescate.

O servizo púxose en marcha hai 35 anos. Uns meses antes de que o Mar Exeo naufragara na Torre de Hércules.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade