Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo estrea a declaración de zona de baixas emisións con restricións ao tráfico

Lugo estrea a declaración de zona de baixas emisións con restricións ao tráfico

Só poden acceder en coche á zona histórica residentes, comerciantes e usuarios de aparcadoiros públicos

Tamén hai permisos puntuais para persoas con mobilidade reducida, taxistas e clientela dos hoteis

G24.gal 20/09/2026 21:13 Última actualización 20/09/2026 22:00

A entrada en vigor recente, de hai tan só uns días, da ordenanza que regula a zona de baixas emisións reduce o acceso en coche ao centro histórico de Lugo.

A partir de agora está limitado a persoas residentes e usuarias dos aparcadoiros públicos, ademais de comerciantes e profesionais de repartición. 

Contémplase que se hai un motivo xustificado se poida acceder igualmente, o mesmo que a clientela dos hoteis e os taxistas. Bastará cunha comunicación previa. 

O control do tráfico farase a través de cámaras de vixilancia e de lectura automática de matrículas. De momento non se sancionará a quen incumpra a ordenanza porque hai un ano de moratoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade