Publicador de contidos

Publicador de contidos

A última fin de semana do verán deixou solpores espectaculares

A última fin de semana do verán deixou solpores espectaculares

As cores das postas de sol xeran serotonina e reducen o estrés de forma natural

G24.gal 20/09/2026 22:19 Última actualización 20/09/2026 22:33

A derradeira fin de semana deste verán despediuse con ceos completamente despexados e unha imaxe que nin os mellores cadros poden replicar. Son os solpores que podemos gozar dende distintos puntos da nosa terra.

Cando o día se apaga e a luz torna máis cálida e suave, durante uns minutos, todo parece ir máis amodo. As cores do solpor estimulan a produción de serotonina e reducen o estrés de forma natural.

É a transición sublime do día á noite, unha experiencia sensorial fugaz e intensa que nos conecta coa beleza e coa inmensidade da natureza. Un fulgor inexplicable conxugado co mar e as montañas de Galicia. Unha imaxe vale máis ca mil palabras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade