Publicador de contidos

Publicador de contidos

A eclipse, unha experiencia extraordinaria que cómpre vivir plenamente

A eclipse, unha experiencia extraordinaria que cómpre vivir plenamente

O asombro é a emoción prinpcial que xera unha experiencia extraordinaria, coma a eclipse

É importante deixarse levar polo que estamos sentindo e estar presente

A eclipse xera un paradoxo psicolóxico: sentírmonos máis pequenos, porque formamos parte de algo máis grande

G24.gal 12/08/2026 15:28 Última actualización 12/08/2026 18:09

Este mércores viviremos unha experiencia extraordinaria. Varias persoas pola rúa explican que ao final é unha cousa que nunca viviron e fai ilusión, que só o veremos unha vez na vida, e que todo o que ten que ver con acontecementos astronómicos é marabilloso.

Un momento que xerará emocións diversas e intensas. 

O catedrático de Psicoloxía Clínica Fernando Lino Vázquez explica que "quizais a princpial é o asombro. este tipo de experiencias son excepcionais e xeran un paradoxo, que nos vemos máis pequenos, no sentido de que formamos parte de algo moito máis grande".

Estes días falamos moito da eclipse: onde vela, como fotografala, ter as gafas...e pode perderse o fundamental.

Unha peregrina catalá di que a xente está toleando, grabalo, retransmitilo... e que hai sentilo, estar no presente, porque é algo único.

Serán uns minutos en que milleiros de persoas viviremos o mesmo.

Fernando Lino Vázquez di que experimentaremos emocións similares, e que é moi importante que nos preguntemos e que  tomemos consciencia do que estamos sentindo. admiración, sosego, adomiración, sobrecollemento... Vai ser un cúmulo de emocións e todas están ben, hai que sentilo. esa é a parte máis importante dende a perspectiva emocional que nos pode xerar algo tan espectcular como o que hoxe pola tarde imos vivir.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos