Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agosto ofrece unha despedida de vacacións acompañada de nubes e chuvia

Agosto ofrece unha despedida de vacacións acompañada de nubes e chuvia

A última semana do mes das vacacións por excelencia trouxo unha cara outoniza

O sol volve axiña pero moitos estarán xa de volta á rutina

G24.gal 29/08/2026 14:37

Agosto vén ofrecéndonos nos últimos días unha cara outoniza.

"Parece que veu unha invernada que acabou de súpeto co verán, aínda que anuncian para a semana que vén outra vez unha melloría", resume un visitante na cidade da Coruña.

Prognostícase que o sol regrese axiña, pero esta última fin de semana de agosto marca para moitos a despedida das vacacións.

"Vimos de Zamora e pensabamos vir á praia, pero cambiamos de idea porque non está de praia", conta unha rapaza.

"Foi mala sorte porque só vimos para esta fin de semana", engade o seu acompañante.

"Como somos asturianos levámolo ben. Non nos molesta moito. Preferimos o sol, pero levámolo ben", admite outro turista.

"A verdade é que é unha pena que xusto esta última semana cambiara tanto o tempo e que volva facer bo para a semana que vén", lamenta unha moza.

"Non o imos poder aproveitar. Mañá xa volvemos para Madrid", di unha muller.

Entre a xente da terra abundan as voces que xustifican esta semana de ceos grises e chuvia.

"Tampoco pasa nada. Xa fun á praia bastante este verán. Fixo moi bo tempo aquí", mantén unha muller.

"Tamén tocaba un pouco de chuvia e de nubes. Non ía ser todo tanto sol", pensa outra moza.

E a maioría dos que veñen de fóra ata agradecen o respiro meteorolóxico.

"Levámolo ben porque vimos dunha zona de moita calor", asegura unha visitante.

"Esto é unha marabilla", mantén outro turista.

"O tempo é variable pero agradable", afirma un terceiro visitante.

"Para min é a fin das vacacións, pero é verdade que tamén nos viña ben que non fixese tanta calor", admite outra turista.

En todo caso, o verán non rematou e, como diciamos, prognostícase que non falta moito para que volvamos ver lucir o sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade