Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cellas máis naturais e máis poboadas son tendencia nas técnicas de dermoestética

Cellas máis naturais e máis poboadas son tendencia nas técnicas de dermoestética

As cellas teñen a súa propia estética. Artistas globais como Rosalía convértenas en selo de presentación.

G24.gal 19/10/2026 20:49

É un dos trazos de expresión facial que mesmo contribúen a definir a nosa personalidade.

"Coas cellas podemos equilibrar as faccións, podemos falar da nosa identidade, como somos ou como nos movemos", di Vanessa Leão, dermopigmentadora e artista das cellas no seu propio negocio Shine by Vanessa Leão.

As cellas teñen a súa propia estética. Artistas globais como Rosalía convértenas en selo de presentación.

"Ela usa as cellas como unhas extensión da súa expresión artística. Nesta imaxe que estamos a ver ela quería chamar a atención dun album co que tamén quería rachar con todo", comenta a especialista. 

Ocorre tamén con figuras masculinas, por exemplo, do mundo do fútbol ou do cinema, como Luis Tosar. "O actor galego ten unhas cellas superpoboadas e negras que é a súa marca rexistrada".

O efecto natural é tendencia nas técnicas de dermoestética.

"Máis aló das tendencias que antigamente seguíamos, como  nos anos 90 as cellas superfinas, na actualidade cada un busca unha cella que lle favoreza. Cada vez máis estamos a buscar cellas máis naturais e máis poboadas".

Cellas que perfilan e definen identidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade