Tons naturais conviven cos deseños máis atrevidos no coidado estético das uñas
As cores intensas tampouco perden presenza. E gañan popularidade as uñas de acabados brillantes
En esmaltados semipermanentes ou tradicionais. Á hora de falar de tendencias volven os tonos naturais.
"A tendencia vai máis encamiñada agora ao natural. As cores brancas, rosa leitosa, beige, nude", asegura Sandra Chouciño, responsable de Beauty Bar Coruña.
Reinterpretación de formas e pequenos detalles, tendo en conta o coidado da uña.
"Facemos unha manicura sinxela coa típica francesa de cor branca e un tratamento para reforzar a súa uña e coidala", explica a manicurista Stefani Valencia.
"Agora piden moito a manicura xaponesa que é sen esmaltado. Trátase de conseguir o brillo natural das uñas", engade a responsable de Beauty Bar Coruña.
As cores intensas tampouco perden presenza. E gañan popularidade as uñas de acabados brillantes.
"Estamos apreciando o efecto glazed e o efecto espello, que son dúas tendencias que quedan moi ben, moi visuais estéticamente", apunta Richar Rodríguez de Nails Coruña.
En canto aos deseños hainos desde minimalistas ata as propostas máis atrevidas. Sinala Sandra Chouciño que "xa veñen cos deseños elixidos porque os ven polas redes sociais ou pinterest. Este verán pediron moito a sardiña, os peixes, estrelas de mar. Tamén moita raia e os lunares". Transformando as uñas nun espazo máis de expresión corporal.