Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bigotiño, de moda entre a mocidade

O bigotiño, de moda entre a mocidade

Actores ou deportistas popularizan esta moda adaptada aos novos tempos

Os bigotes dos famosos sérvenlles de modelo aos clientes dos estilistas
Félix Aragunde 03/09/2026 20:20

De moda nos anos 70 e 80, o bigote volve formar parte da estética xuvenil. Iso si, reinterpretado neste século conforme unha nova masculinidade allea aos valores tradicionais. Cada vez son máis os mozos que o locen, xeralmente perfilado con finura, en gran medida popularizado por famosos como actores, músicos ou deportistas. 

"Moita xente nova vén en base ao que ven nos futbolistas ou nos actores. E pídennos de todas as maneiras, dende finiños ata un pouco máis marcados, con perilla ou con barba, depende", sinala Álex López, estilista

 "Agora lévase moito o efecto fino, aínda que algún tamén leva o efecto máis groso pero con barba de dous ou tres días, un pouquiño menos atrevido", engade a tamén estilista Raquel Rañal

Á fin de contas, deixar o bigotiño supón unha forma rápida e doada de mudar o aspecto e destacar cunha estética moderna. E fronte á permanente no pelo do floco, máis propio da rapazada, ofrece un punto de madurez informal entre a mocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade