Publicador de contidos

Publicador de contidos

As choivas poñen en aviso once comunidades, entre elas Galicia

As choivas poñen en aviso once comunidades, entre elas Galicia

Na comunidade galega, o aviso céntrase na área da Mariña, en Lugo

directo Ortigueira en directo dende as cámaras da TVG
G24.gal 04/10/2026 10:50

As choivas e tormentas poñerán en aviso once comunidades autónomas este domingo en España, incluída unha alerta vermella con choivas torrenciais de ata 200 litros en Cataluña, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

En concreto, Andalucía, Baleares, Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura, Galicia e o País Vasco estarán en aviso amarelo por choivas ou tormentas, mentres que estarán en alerta laranxa en Asturias, Cantabria e a Comunidade de Madrid. Pola súa banda, a Aemet sinala unha alerta vermella en Cataluña durante todo o día.

A Aemet predí que a formación dunha dina ao oeste da Península deixará unha situación de inestabilidade na maior parte do territorio, con predominio de ceos nubrados ou cubertos, e quedará pouco nubrado só no sur de Galicia.  Espérase que ao longo da xornada chova con moita intensidade en lugares como Ribadeo.

Na comunidade galega, o aviso céntrase na área da Mariña, en Lugo, onde a auga podería acumular ata 25 litros por metro cadrado.

Respecto ao vento será moderado en xeral no litoral con posibles intervalos fortes en costas da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade