Cargando resultados...
Localizan con vida a moza de 25 anos desaparecida en Vigo
Nada se sabía dela desde o 9 de setembro
A asociación SOS Desaparecidos desactivou este domingo a alerta pola súa desaparición
G24.gal
20/09/2026 17:45
A asociación SOS Desaparecidos desactivou este domingo a alerta pola desaparición, en Vigo, dunha moza de 25 anos de idade, da que se descoñecía o seu paradoiro desde o 9 de setembro.
A moza de nome, Meheret, foi localizada en bo estado. Como describían na alerta publicada en redes sociais trátase dunha muller de complexión delgada, dun 1,55 m de estatura que leva trenzas vermellas e varios piercings.
🔕 DESACTIVADA pic.twitter.com/HNMHYlOyQi
— ALERTA DESAPARECIDOS (@sosdesaparecido) September 20, 2026