Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moito tránsito de pasaxeiros coincidindo co remate da primeira quincena de agosto

Moito tránsito de pasaxeiros coincidindo co remate da primeira quincena de agosto

O cambio de quincena, neste mes no que máis xente colle vacacións, déixase notar nas estacións de trens e autobueses e tamén nos aroportos

G24.gal 15/08/2026 16:36

Moito ambiente na estación intermodal de Santiago este mediodía: moito tránsito de pasaxeiros coincidindo co remate da primeira quincena de agosto.

"Veño de Vigo, de Guixar e tanto en Guixar como en Urzaiz había un montón de xente", afirma unha pasaxeira que chegaba esta mañá a Santiago. 

"Nótase que é fin de verán porque hai moitísima xente nos trens que quererán moverse ao seu destino final ntes de empezar a traballar", engade outra moza. 

Nas plataformas das estacións conflúen esta fin de semana os que rematan as vacacións e os que comezan as súas.

"Empezamos as vacacións o martes e xa rematamos hoxe. Mañá regresamos a Valencia", laiase unha muller. 

"Vimos veranear cos meus pais quince días e xa acabamos. Agora toca volar a Sevilla e xa o luns rutina de volta", relata outra. 

"Empezamos catro días de vacacións. Vimos de Madrid e a ver un pouco esto", di un home desde a estación da capital de Galicia. 

Na estación de autobuses, o panorama é semellante. Aquí atopamos peregrinos que comezan o Camiño e e outros que acaban de rematalo

"Imos facer o Camiño de Santiago", "Ata o día 24", "Para mín as vacacións xa acabaron, fixen o Camiño portugués e foi estupendo"; comentan varios peregrinos.  

Imaxes coma estas vanse repetir nas estacións e aeroportos ao longo desta fin semana de mediados de agosto, un dos períodos do ano con maior número de desprazamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade