Cargando resultados...
A Mariña, afectada por unha fronte, supón o contrapunto ás temperaturas altas propias do verán
Veciños e turistas destacan que o tempo suave é un dos factores que converten esta zona nun destino turístico elixido cada vez por máis visitantes
G24.gal
15/08/2026 14:38
O ceo na Mariña xa advirte que hoxe o sol non vai lucir.
As temperaturas tampouco son excesivas, para estar en pleno verán. Arredor de 21 grados.
Lonxe de ser un inconveniente, o tempo é un dos puntos fortes para quen elixe esta zona como destino turístico.
A Mariña supón o contrapunto ás altas temperaturas propias do tempo estival.
De feito, a chuvia é un dos valores que destacan desta zona, que cada vez recibe a visita de máis turistas.