Redúcense as vivendas de alugueiro na costa e soben os prezos por riba dos das cidades
Segundo os datos do Instituto Galego de Vivenda o prezo medio dos alugueiros en Baiona ou Nigrán no segundo semestre deste ano estivo preto dos 760 euros, mentres que na cidade de Vigo apenas supera os 730 euros
Á falta de contratos de longa duracion son moitos os que teñen que recorrer ao alugueiro de temporada nos pisos que se destinan no verán aos turistas
O tirón turístico de moitas vilas de costa leva aos propietarios a buscar os ingresos extra que deixa o alugeiro vacacional, o que encarece os prezos ata o punto de que en Baiona ou Nigrán a media sexa significativamente máis elevada que na cidade de Vigo.
"Compañeiros de traballo que teñen que marchar a concellos de arredor porque está imposible a cousa."
"Eu seino por amigos e familiares que queren alugar e é imposible, é carísimo, coma en Vigo. Tés que ir a zonas da Guarda ou o Rosal se queres alugar algo a bo prezo porque aquí é imposible."
"Sobre todo a xente moza de aquí que non pode acceder, unha por falta de vivenda e outra polos prezos do alugueriro que é moi caro."
Á falta de contratos de longa duracion son moitos os que teñen que recorrer ao alugueiro de temporada nos pisos que no verán se destinan aos turistas.
"Estamos a ver un aumento moi grande de alugeiro de vacacions e tamén de alugueiro de tempora de inverno, digamos, que vai dende setembro a xuño." Explica Alexander Blanco, da inmobiliaria Inmo Nigrán.
Unha opción que implica buscar unha vivenda alternativa nos meses de verán, pero a diferencia de prezo é importante con respecto aos contratos de longa duración
"Pois un piso medio de alugueiro anual, se houbera que non os hai, de dous dormitorios estariamos a falar de 700 ou 800 euros. Podemos atopar de temporada de inverno, de setembro a xuño, pois en torno a 550 ou 600. Baixan considerablemente." Di Alexander Blanco
Dende o sector inmobiliario cren que darlle un pulo á construción de vivenda nova podería axudar a mellorar o problema dos alugueiros nestas zonas de costa.