Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación de Coruña

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación de Coruña

Estaba pechada desde o 26 e xuño para acometer a segunda fase das obras do Adif na terminal

O Adif inicia unha nova fase de actuacións na infraestrutura entre A Coruña e Uxes, que implicará restricións na circulación neste tramo

G24.gal 10/07/2026 16:19 Última actualización 10/07/2026 21:24

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación da Coruña, unha vez finalizada a segunda fase de obras do Adif na infraestrutura que, desde o pasado 26 de xuño, supuxo a interrupción temporal do servizo na terminal coruñesa.

Durante este período, coincidente co inicio da tempada estival, a compañía habilitou un plan alternativo de transporte no que se mobilizaron máis de 1.850 autobuses e 285 taxis para garantir a continuidade dos distintos servizos de Media Distancia, Avant e Longa Distancia afectados.

A partir deste sábado, o Adif inicia unha nova fase de actuacións na infraestrutura entre A Coruña e Uxes, que implicará restricións na circulación neste tramo. Con motivo das novas necesidades operativas, Renfe axustará o horario dun total de dez trens de Media Distancia, Avant e Longa Distancia.

A compañía lembra que, neste contexto de obras, a evolución dos traballos podería requirir modificacións puntuais nos primeiros servizos do día 11 de xullo e recomenda consultar os horarios antes de viaxar, incluídos os correspondentes ás paradas intermedias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade