Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home atropelado por dous coches na A-55 no Porriño

Morre un home atropelado por dous coches na A-55 no Porriño

O sinistro producíase pasada a 1:00 na Autovía Vigo-Fronteira Portuguesa, á altura do polígono das Gándaras, en sentido Vigo

Tras ser atropelado e quedar tendido na calzada, a vítima foi alcanzado por un segundo vehículo que circulaba detrás

A Garda Civil de Tráfico investiga as circunstancias do accidente para identificar a vítima e saber como chegou andando ata a autovía

G24.gal 25/08/2026 05:58 Última actualización 25/08/2026 15:03

Un home, duns 35 anos, faleceu esta pasada madrugada tras ser atropelado na autovía A-55, no Porriño, á altura do polígono das Gándaras.

O sinistro, segundo relatan as testemuñas e os servizos de emerxencia que atenderon este sinistro, produciuse contra a 1:00 da madrugada, no quilómetro 22 en dirección Vigo, nun momento no que chovía con forza e a visibilidade era reducida.

O condutor dun coche, que foi quen alertou o 112, relatou que acababa de sufrir un accidente tras atropelar o que nese momento "non sabía se era unha persoa ou un animal".

Tras ser atropelado e quedar tendido na calzada, a vítima foi alcanzado por un segundo vehículo que circulaba detrás.

As primeiras persoas en chegar ao lugar do sinistro coinciden en sinalar a baixa visibilidade entre a chuvia, e que non foi ata que se achegaron ao lugar no que estaba tendida a vítima que descubriron que se trataba dunha persoa.

Contan ademais que na zona non había ningún outro coche, polo que non sabían de onde puidera saír esa persoa.

A autovía permaneceu cortada durante un par de horas ata que, despois do levantamento do cadáver e de habilitar o asfalto para poder circular, se puido retomar o tráfico.

A Garda Civil investiva as circunstancias do sinistro para tratar de aclarar como a vítima chegou andando ata o lugar do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade